cookie policy Política de Privacidad

Actualmente el curso no está disponible.
PETICIÓN
Reserva ahora, ¡paga después!
55,00
… instalment now

Description

Material necesario.- Roupa e calzado para dous días (botas e deportivas), roupa de
abrigo (zonas moi altas, frescas todo o ano, moitas veces ceos cubertos), saco de durmir,
esterilla e dúas comidas (a cea do sábado e almorzo do domingo serán colectivos,
incluídos no prezo da actividade).

Máis info en: Wikiloc + javvaya, ou premendo en:
es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9276060 
es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9325760 

Objetivos

Desenvolvemento.- Trátase dunha actividade na que aproveitaremos a viaxe para
coñecer unha das vilas mais fermosas e mais afastadas en Galicia, Viveiro e ver ó pasar as
vilas principais da comarca da Mariña, porto de Foz, porto de Burela, Fábrica de
Sargadelos, Fábrica de Alcoa e faro de San Cibrao e o porto de Celeiro.
Sábado 23 de maio: Subiremos dende Celeiro ós Montes de Viveiro por pistas forestais e
camiños ó borde do río, con vistas sobre a ría de Viveiro, con visita final á vila ó caer o
serán. Despois desprazarémonos nos coches ata Muras, a 15km, pequena vila entre
montañas, entre elas o alto da Gañidoira (720m). En Muras teremos cena conxunta,
proposta de partido de fútbol en campo de herba e albergue de balde (cedido polo
Concello de Muras).
Domingo 24 de maio: Faremos unha ruta circular entre carballeiras, montes e prado ata a
Aldea Etnográfica de Carelle Grande en Muras, aposta local de moito futuro de
albergaría e experiencias naturais para a comarca.
Sairemos cara as sete da tarde de volta para Pontevedra ( 200km-2h30min).

0 OPINIÓN por el momento

0

0

0

0

0